Site icon Crónica3.com A Mariña

Un veciño de Foz de 39 anos perde a vida en Mondoñedo despois de sufrir unha caída de moto

Mondoñedo, 5 de xuño, 2021. Un motorista faleceu esta tarde no concello lucense de Mondoñedo tras sufrir unha caída cando circulaba pola LU-122, á altura do punto quilométrico 22.

Ás 16:30 horas, o 112 Galicia recibiu a alerta a través da chamada dunha persoa particular. Durante a comunicación, informaba que o ferido necesitaba asistencia médica urxente despois de caer co seu vehículo na estrada que une as localidades de Pastoriza e Lourenzá, sentido Lourenzá.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros e dos axentes da Garda Civil.

Desafortunadamente, o equipo médico desprazado ata o lugar nada puido facer por salvarlle a vida á vítima.

Ademais, foi necesaria a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía. Cómpre indicar que desde o 112 avisouse tamén aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Exit mobile version