Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa perde a vida ao ser atropelada por unha furgoneta no Vicedo

O Vicedo, 21 de xuño, 2021. Unha persoa faleceu este mediodía nas proximidades da Praia de Arealonga, no Vicedo, ao ser atropelada por unha furgoneta.

Os feitos sucederon uns minutos antes da unha. Foi, nese momento, cando unha persoa particular deu conta do accidente ao 112 Galicia.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.

Xa no lugar dos feitos, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa atropelada.

Exit mobile version