Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle este sábado dúas probas ciclistas organizadas polo Club Ciclista Viveiro

Viveiro, 23 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que este sábado, 26 de xuño, o municipio acolle dúas probas ciclistas organizadas polo Club Ciclista Viveiro.

Durante a mañá, celebrarase o Gran Premio San Roque, un clásico do ciclismo galego que este ano celebra a súa edición número 37.

Pola tarde, Viveiro acollerá a II Copa de España de Ciclismo Adaptado, que comezará ás catro da tarde en Celeiro con dous percorridos segundo nivel de diversidade funcional dos deportistas. Esta é a segunda vez na que Viveiro acolle esta proba, despois de que se celebrara a primeira edición en 2019.

Con motivo da celebración da II Copa de España de Ciclismo Adaptado, o aparcamento da piscina permanecerá pechado durante todo o día, polo que só se poderá acceder ás instalacións de forma peonil e con cita previa, tanto para facer uso da piscina como para utilizar o ximnasio.

Dende o goberno local, pídense desculpas polas molestias que esta situación poida ocasionar.

Exit mobile version