Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle o “Déporcampus Cabreiroá” a primeira semana de xullo

Viveiro, 19 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro acolleu a presentación do “DéporCampus Cabreiroá”, o campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C. Deportivo da Coruña e que este ano volverá a realizarse no municipio.

Viveiro acolle de novo un dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, tras unha tempada na que non foi posible realizar a actividade por mor das dificultades da pandemia.

Os nenos e nenas interesados poden participar nesta actividade entre o 5 e o 9 de xullo. Actualmente, as inscricións xa están abertas para menores de entre 6 e 14 anos. O procedemento para apuntarse estará aberto ata o xoves 1 de xullo ás 12:00 nesta ligazón: http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/viveiro-2021/inicio
No acto de presentación participaron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; xunto con Paco Rojo, directivo do Viveiro C.F., Antonio Serrano, adestrador local do DéporCampus, así como Albert Gil e Carlos Ballesta, en representación do RC Deportivo xunto con Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

O Concello de Viveiro celebra que a actividade volva un ano máis á localidade, tras as restricións da pandemia, xa que permite aumentar a oferta deportiva do municipio apostando á vez polo deporte para os máis cativos e cativas.

A organización habilitou o seguinte enderezo electrónico para consultar calquera dúbida relacionada coa actividade: deporcampus@rcdeportivo.es

Exit mobile version