Site icon Crónica3.com A Mariña

53.000 visitantes en xullo na Praia das Catedrais, un consolidado reclamo turístico para Daniel Vega

Ribadeo, 20 de xullo, 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, pon en valor a praia das Catedrais que “xa se consolidou como un dos reclamos turísticos non só de Ribadeo, senón de toda a comarca e un referente en toda Galicia” tal e como acreditan as máis de 53.000 visitas rexistradas ao areal no que vai do mes de xullo.

Así o manifestou tras coñecer a sinatura do contrato entre a Xunta e a empresa que prestará o servizo de atención a visitantes no areal subliñando “a aposta da Xunta por este monumento natural e pola súa protección”. Os empregados tamén realizan tarefas de información e sensibilización sobre a necesidade de protexer este monumento natural.

Vega explica tamén que a Xunta leva investido máis de 1,3 millóns de euros por parte da Xunta nos últimos anos dirixido a “protexer o patrimonio de todos”.

Exit mobile version