Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro de Xuventude e Educación, Emilio Villarmea, visitaron o Campamento Urbano de Verán, un servizo que iniciou a súa prestación o pasado luns e que se prolongará ata o 27 de agosto

Neste campamento ofértanse un total de 140 prazas, distribuídas en dúas quendas, quedando cubertas as 70 prazas ofertadas en cada unha delas. Ao longo destes dous meses, os nenos e nenas participantes terán a oportunidade de disfrutar das actividades de carácter lúdico programadas, como manualidades, obradoiros de refugallo, xogo cooperativo, actividades deportivas, etc.

Exit mobile version