Site icon Crónica3.com A Mariña

A III edición do campus de basket Entrenos despídese de San Cibrao con moi boas sensacións

Cervo, 3 de xullo, 2021. O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Educación, Dolores García Caramés, visitaron a burbulla Entrenos e tiveron a oportunidade de compartir uns intres coa gran familia deste campus, que cubriu practicamente o 100% das prazas dispoñibles -48 nesta ocasión-.

Aproveitaron a visita ao Pavillón da Veiga, onde se desenvolveu gran parte da actividade deportiva, para felicitar á organización pola súa valentía “á hora de apostar por este evento que cobra máis valor se cabe nestes tempos que vivimos, e que os/as rapaces souberon valorar “xa que aproveitaron ao máximo esta experiencia única que lles permitiu aprender moito, recuperar sensacións de competición e compartir momentos de convivencia que de seguro inesquecibles”.

Exit mobile version