Site icon Crónica3.com A Mariña

A necesidade dun sistema público de dependencia a debate en Lourenzá

Lourenzá, 20 de xullo, 2021. O venres 23 de xullo, as 19.30 horas, no Salón de Actos do Concello de Lourenzá, vai ter lugar un acto público no que se vai abordar a situación actual do sector da dependencia e a necesidade social de contar cun servizo público potente que garanta os dereitos das persoas nesa situación.

Para este fin imos contar coa presencia de Francisco Luis Vázquez Vizoso. Médico Epidemiólogo, ex-Xefe de Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e membro, promotor e activista do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e dos Servicios Públicos (MODEPEN)

Francisco L. Vázquez Vizoso tense destacado pola súa defensa do sistema sanitario público. Nos últimos anos ten publicado numerosos artigos en prensa abordando a situación e problemáticas do sector da dependencia analizando a súa situación derivada da progresiva privatización: precaridade laboral e retributiva das traballadoras da dependencia e dos servizos de atención a domicilio e dos centros de día de maiores, merma da calidade do servicio derivada das baixas ratios de persoal por usuaria, etc.

Tamén colabora activamente coa Plataforma Galega polos Servizos Públicos da Dependencia.

A presentación do poñente vai correr a cargo de Evaristo Lombardero, médico xubilado e membro de MODEPEN de Ribadeo

O acto está convocado polo Movemento en Defensa das Pensións públicas de Lourenzá, o Movemento en Defensa das Pensións públicas da Mariña, o Sindicato Labrego Galego e o Concello de Lourenzá.

O aforo vai estar limitado en observancia das medidas anti-covid19 vixentes.

Exit mobile version