Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destina 47.200€ a apoiar programas de voluntariado impulsados por 6 concellos, entre eles Cervo, Xove e Viveiro, e 17 entidades da provincia

Lugo, 22 de xullo de 2021. A Consellería de Política Social concedeu axudas que suman 47.200 euros para apoiar programas de voluntariado xuvenil e sénior promovidos por seis concellos e 17 entidades de acción voluntaria da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que o DOG vén de publicar a resolución de tres programas de achegas convocados este ano para financiar accións de participación social que fan especial fincapé nas actividades de sensibilización e na implicación da xente moza e do colectivo de persoas maiores.

Na liña de voluntariado xuvenil, destinada a persoas de entre 16 e 30 anos, as entidades locais beneficiarias son Xove, Ribas de Sil, Quiroga, Cervo e Viveiro (Oficina Municipal de Voluntariado); ademais do colectivo Aliad Ultreia. Os proxectos presentados tiveron como temas protagonistas os relacionados co benestar das persoas maiores e a posta en valor do medio rural.

En canto ás accións de voluntariado sénior, a igualdade de xénero, a recuperación cultural ou o Camiño de Santiago foron os eixos principais dos proxectos. Na provincia de Lugo obteñen apoio neste eido os concellos de Mondoñedo e Ribas de Sil e as asociacións Aliad-Ultreia e Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada.

Por último, na liña de axudas destinada ás entidades de acción voluntaria de carácter privado, a Xunta apoia programas impulsados polos colectivos Síndrome de Down de Lugo; Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei); Aliad-Ultreia; Fundación Juan Soñador; Alume Saúde Mental; Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (Cogami Lugo); Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; Aspnais; asociación cultural Xaquedrum; Alcer-Lugo; asociación xuvenil e cultural Ateibo, Asociación de Familiares de Personas con Alzhéimer e outras Demencias, AFA Viveiro; Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada; Asociación Auxilia Lugo; Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo, Afalu; Fundación Educativa e Social Dignidade e Asociación Montes e Vales Orientais.

No marco deste último programa, as entidades presentaron proxectos na área da sensibilización, formación e coordinación dentro do voluntariado.

Exit mobile version