Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta organiza un curso sobre benestar animal no transporte en Ribadeo

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2021. A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre benestar animal no transporte que terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo (Lugo). Esta nova acción formativa dará comezo o vindeiro martes 3 de agosto e contará cunha duración total de 20 horas, en horario de 16:00 a 21:00 ao longo de 4 días.

O programa do curso está dividido en dous módulos, un xeral de 10 horas e outro específico doutras 10. No módulo xeral desenvolveranse temas como a lexislación do benestar animal, a anatomía, a fisioloxía e o comportamento animal ou aspectos relacionados directamente co benestar animal.

Pola outra banda, no módulo específico trataranse outros conceptos máis concretos como a lexislación específica de protección de animais no transporte, a documentación necesaria para o desprazamento de animais, as prácticas a levar a cabo no transporte ou a súa repercusión na calidade da carne.

Así, esta formación ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas co transporte de animais, dende dar de alta un remolque, desprazar animais ou xestionar os Sandach (Subprodutos Animais Non Destinados Ao Consumo Humano) ata resolver calquera imprevisto que teña lugar durante esta práctica.

Os interesados en participar nesta acción formativa deberán cubrir o correspondente formulario de solicitude que poden atopar no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas e remitilo por correo electrónico ao enderezo: sheila.garcia.freitas@xunta.gal. Para máis información, poden chamar ao teléfono 982 82 85 50.

Con accións formativas coma esta, a Agacal amosa a súa aposta polo rural, dando cabida ás súas necesidades formativas. Con isto pretenden facilitar ao sector agropecuario unha oferta formativa que impulse a súa sustentabilidade e competitividade.

Exit mobile version