Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta reitera a súa disposición a colaborar co saneamento de San Miguel de Reinante pero advirte de que “a falta de dilixencia do Concello de Barreiros pon en risco o financiamento europeo”

12,00 h. aprox.- A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, responderá na Comisión 2ª a preguntas orais relativas ao seu departamento
foto xoán crespo
08/07/2021

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021. A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, reiterou hoxe a disposición da Xunta a colaborar co saneamento de San Miguel de Reinante pero advertiu de que a falta de dilixencia do Concello de Barreiros, a pesar de que son as administracións locais as teñen o deber legal de prestar os servizos de saneamento e depuración de augas residuais,
pon en risco o financiamento das actuacións con fondos europeos.

Na súa intervención na Comisión 2ª do Parlamento, Teresa Gutiérrez apuntou a necesidade de que a Deputación provincial de Lugo cumpra co seu deber de apoiar aos concellos de menos de 20.000 habitantes nas súa competencias e participe no acordo de financiamento do saneamento de Barreiros.

A directora de Augas de Galicia afirmou que a Xunta é consciente de que Barreiros ten que solucionar a necesidade dun novo saneamento dos núcleos de San Miguel e de Reinante e que traballa desde hai tempo para darlle apoio ao concello no cumprimento deste obxectivo.

Ao respecto, informou de que a Xunta redactou o proxecto para dotar de saneamento a parroquia de San Miguel de Reinante mediante a construción dunha nova depuradora que require dun investimento de 3,2 M€.

Teresa Gutiérrez explicou que, no marco do mesmo compromiso de apoiar ao Concello de Barreiros nas súas competencias, Augas de Galicia tamén analizou dende o punto de vista técnico, a proposta alternativa presentada pola administración local para dotar de saneamento esta parroquia.

Sen embargo, apuntou, a día de hoxe, o Concello de Barreiros non acreditou contar cun compromiso da Deputación de Lugo para cofinanciar as actuacións, nin respondeu á proposta da Xunta para impulsar a nova depuradora con fondos do eixe REACT-EU do programa FEDER Galicia de resposta europea fronte á pandemia, que esixe que as actuacións estean completamente rematadas en 2023.

Exit mobile version