Site icon Crónica3.com A Mariña

Acordo en Foz para mellorar o funcionamento e a dotación de persoal do Centro de Saúde, a proposta do BNG

Foz, 30 de xullo, 2021. Dende o BNG de Foz queremos agradecer o bo facer dxs traballadorxs do Centro de Saúde de Foz durante estes meses de intensísimo traballo. O centro continúa “funcionando” cun sobresforzo dos seus traballadores, por mor das reiteradas e inadecuadas coberturas das ausencias nin de sanitarixs nin PSX, e a non reposición da xubilación do persoal auxiliar de enfermería. Durante a pandemia e nas sucesivas ondas, o Centro NUNCA recibeu ningún reforzo, mesmo para a realización dos estudos epidemiolóxicos en relación coa infección por coronavirus. No medio da quinta onda e inicio de tempada estival, por vez primeira en 15 anos a Consellería de Sanidade decide non incorporar persoal sanitario (nin facultativo nin DUE) de desprazados, e para abundar no desleixo as ausencia programadas non se cubren. Unha situación inédita no peor momento.

En definitiva, unhas carencias na calidade da asistencia sanitaria do noso Concello que son para o BNG de Foz absolutamente inaceptables. Continúamos asemade a demandar unha cobertura adecuada das urxencias sanitarias, a reposición das xubilacións, a cobertura das baixas, das reducións de xornada e a incorporación do segundo TES no transporte urxente e unha adecuada planificación dos permisos dos profesionais. Por estas razóns o Grupo Municipal do BNG someteu a debate e aprobación polo pleno do Concello de Foz unha moción para instar á Consellería de Sanidade a que dote adecuadamente o CS de Foz, incluindo persoal de reforzo para desprazados, que cubra as as baixas, as reducións de xornada e as vacacións dos profesionais do centro de saúde de Foz. A diferenza doutros concellos da Mariña, o PP votou en contra.

Exit mobile version