Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación de Xacarandaina este sábado en Burela

Burela, 6 de xullo de 2021. Xacarandaina actuará en Burela o vindeiro sábado, 10 de xullo. Será ás oito da tarde na praza da Mariña. A cita chegará da man do Xacobeo 21-22 e do Concello.

Danza 3 Xacobeo 21-21 así se denomina o espectáculo de baile e música tradicional que ofrecerá Xacarandaina, que asegura no seu facebook que “a través da Federación XOC e cos nosos compañeiros de O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, seguimos traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio Inmaterial”.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima “a asistir e a disfrutar desta actuación de Xacarandaina, un grupo con máis de 40 anos de vida, que nos deleitará con baile e música tradicional galega. O espectáculo desenvolverase respectando o protocolo covid e as normativas sanitarias en vigor”.

Exit mobile version