Site icon Crónica3.com A Mariña

Aerofit en Cervo

Unha vintena de rapacxs participou este xoves nunha clase de Aerofit nocturna ao aire libre que se desenvolveu na Praza do Souto, impartida pola monitora Belinda Canoura, dentro da programación das Noites Alternativas de Verán, que continuarán durante todo o mes de agosto. A próxima cita será o luns, 2 de agosto, coa actuación do Mago Deimi na Praza dos Campos, ás 21:30 horas. Durante todo o mes están previstas diferentes actuacións musicais, cine na rúa, teatro, rutas nocturnas de kaiak ou rutas de sendeirismo.

Exit mobile version