Site icon Crónica3.com A Mariña

Asinado o convenio entre Concello e Acisa para apoiar ao comercio e ao sector servizos

Ribadeo, 23 de xullo de 2021. Concello e Acisa asinaron esta mañá o convenio de colaboración que regula a axuda de 15.000 euros que recibe a asociación ribadense para seguir apoiando ao comercio e ao sector servizos, o consumo en clave local e para levar adiante diversas iniciativas. No acto participaron o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, e o secretario do Concello, José Rodil.

O edil explicou que “hoxe asinamos entre Acisa e o Concello de Ribadeo o convenio que regula a axuda de 15.000 euros como achega a esta asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos e que vai servir para acadar os obxectivos precisos que nos marcamos, que son: seguir apoiando ao comercio e ao sector servizos de Ribadeo; apoiar o consumo en clave local; levar adiante iniciativas de innovación, de transformación dixital, de difusión do noso pequeno comercio, así como formativas e de promoción turística e comercial”.´

Vizoso Galdo subliñou que “deste xeito amosamos unha vez máis o compromiso do Concello coa actividade asociativa precisamente para que Ribadeo siga sendo e incluso incremente a súa notoriedade como referencia dun comercio próximo e de calidade e como un destino turístico principal e seguro”.

O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, agradeceron a colaboración do Concello de Ribadeo que un ano mais, firma con esta entidade un convenio moi importante: grazas á firma deste convenio, poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e hostaleira, de promoción comercial e turística, e o longo do ano poderáselle facer entrega de diversos materiais gratuítos os nosos asociados. Concello e Acisa estamos a ter unhas moi boas relacións, o que permite a firma desta axuda, estar a traballar noutras e tamén colaborar en asuntos diversos. Algo que sen dubida algunha é bo para Ribadeo e é bo para os nosos socios e socias”.

Desde Acisa engaden: “a isto chámaselle traballar por Ribadeo, polo seu comercio, pola súa hostalaría, 15.000 euros reais, que Acisa usará en diversas actividades, que se irán concretando o longo dos vindeiros meses”.

Exit mobile version