Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura das escolas deportivas de Cervo

Cervo, 2 de xullo, 2021. Desde a Delegación de Deportes, o concelleiro David Rodríguez, quixo darlle ás grazas a todas as persoas usuarias que formaron parte das Escolas “nesta difícil tempada” -preto de 80, entre adultos e nenos/as-. Foi un curso -precisa- “no que tivemos que ir adaptándonos un pouco sobre a marcha ás medidas de prevención vixentes en cada momento, pero tendo claro que, sempre que a situación e a normativa o permitise, apostariamos por seguir achegándolles DEPORTE á nosa veciñanza; porque consideramos que a actividade física é esencial para o día a día”.

Desde o Concello dan as grazas e os parabéns aos/ás monitores e ás familias, que fixeron moito máis sinxelo este camiño, nunha tempada excepcional

A modo de agradecemento, cada persoa usuaria recibiu un vale, que poderán trocar por un pequeno agasallo que estará dispoñible na Casa da Cultura para a súa recollida a partir do luns, 5 de xullo.

Exit mobile version