Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cribado en Burela será finalmente o martes

Finalmente, segundo lle confirmou o Sergas ao Concello de Burela, o cribado entre a mocidade con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos será o martes, 27 de xullo, e non o luns tal e como se dixera nun primeiro momento. O lugar elixido é o pavillón Vista Alegre. O Sergas enviará SMS coa citacións. Non se require inscrición.

Exit mobile version