Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega critica que o goberno local presente iniciativas para o Camiño cando “puxo cero euros en axudas directas para o tecido económico da vila”

Ribadeo, 05 de xullo de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, afea ao BNG que presente iniciativa para o Camiño cando “puxo cero euros” en axudas directas para o tecido económico da vila. Por iso, indica que lle sorprende que os nacionalistas convocasen principalmente á hostalería no día de hoxe, xa que o Concello non fixo ningunha aportación para contribuír á recuperación económica.

Pola contra, a Xunta de Galicia si que ten unha aposta con orzamento claro, a través do Xacobeo 21-22, que debe ser empregado “como estratexia económica”, pois di, “é unha oportunidade para todos e que garante éxitos polo que é moi razoable unirnos a ela”; e axudas como as destinadas ao obradoiros de emprego, que permiten a inserción laboral e que contan cun investimento de 347.000 euros; ou o asesoramento aos autónomos e empresas do sector da hostalería, a quenes o Goberno galego inxecta preto de 700.000 euros.

Por tanto, o que nos sorprende é que se anuncie algo para o que de momento non puxo nin un só euro. Daniel Vega pregúntase: “que pon o goberno do BNG? ou é que anuncia o traballo que fan outras administracións?”. Diante esta situación, os populares continúan agardando a que os nacionalistas “axuden á hostalería con axudas directas como fixo a Xunta de Galicia”, xa que, a día de hoxe, o que hai só son “fotos e anuncios”. “Estes todos os que se queiran”, conclúe.

Exit mobile version