Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas trasladadas tras colidir o seu vehículo contra un muro en Barreiros

Barreiros, 22 de xullo, 2021. Unha colisión dun vehículo contra un muro en Barreiros obrigou a trasladar a dúas persoas esta mañá.

Foi un particular quen, ás nove e cuarto, informaba ao 112 Galicia dunha saída de vía na estrada N-643, no punto quilométrico 570. Nesta comunicación advertía ademais de que o coche colidira contra un valado e que había dúas persoas feridas, unha delas un menor.

Así, desde o CIAE 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Barreiros e tamén dos Bombeiros da localidade, xa que o alertante aseguraba que o vehículo accidentado botaba fume pola zona do motor.

Finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros confirmaron ao 112 Galicia que as dúas persoas que ían no turismo tiveran que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Exit mobile version