Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves ponse en marcha a Oficina de Turismo do Valadouro

O Valadouro, 14 de xullo, 2021. A partir deste xoves 15 de xullo ponse en marcha a Oficina de Turismo do concello do Valadouro, que estará situada na Casa da Cultura.

As instalacións permanecerán abertas durante todo o ano. Na época de verán de martes a sábado en horario de 10:00 a 14:00 polas mañás e de 16:30 a 20:00 polas tardes. O resto do ano permanecerá aberta no mesmo horario de luns a venres.

Deste xeito, o concello do Valadouro pretende achegar o servizo de información turística a todos os visitantes que se acheguen ao concello para coñecer os principais recursos, realizar rutas de senderismo, ou interesarse pola ampla variedade en restauración e aloxamento, eventos ou festas que se realicen.

O Valadouro conta con innumerables recursos tanto naturais como culturais, como o Pozo da Onza, a Fervenza da Torez ou a Fervenza do Escouridal. Destaca o Dolme de Santó Tomé, moi próximo ao curro onde se celebra a tradicional Rapa das Bestas e ao curioso círculo do Prado das Chantas. Aquí tamén pode visitarse o Museo do Mel para coñecer o proceso da elaboración deste produto delicatesen a través de diversas ferramentas e materias didácticos.

Exit mobile version