Site icon Crónica3.com A Mariña

Galiza Nova leva a bandeira da Patria aos portos mariñaos

A Mariña, venres 23 de xullo 2021. Dentro dos actos que arredor do Día da Patria Galega se viñeron desenvolvendo estes días na comarca, a organización xuvenil do Bng, Galiza Nova despregou unha gran bandeira nos peiraos mariñaos.
A responsable comarcal da formación xuvenil, a xovense Pilar Vázquez indicou que “estes actos realizámolos en clave de solidariedade co sector pesqueiro, un sector sempre no fío da navalla, vítima sempre de decisións tomadas por administracións nas que Galiza é marxinada e ninguneada, coma nos casos do recente Regulamento Europeo de Pesca ou no reparto de cotas”.

Bandeira de solidariedade para a defensa da nosa pesca

O sector pesqueiro na Mariña representa unha parte importantísima da nosa economía e os produtos pesqueiros da nosa flota que se comercializan nos diferentes mercados do Estado e Europa son tamén bandeira da nosa comarca, bandeira do noso traballo e do noso esforzo. Neste sentido expresouse a responsable comarcal de Galiza Nova, que tamén afirmou que “nos mares donde faenan os nosos barcos e os nosos mariñeiros hai moitas bandeiras de moitos países que en moitos casos imponen as súas normas amparados pola UE en detrimento dos nosos intereses, por eso nós temos que tirar da bandeira da solidariedade e da defensa dos nosos intereses”

Desde Galiza Nova convidan tamén a pendurar a bandeira galega nas fiestras das vivendas en toda a Mariña o día 25 de xullo.

Exit mobile version