Site icon Crónica3.com A Mariña

Giasson non continuará no Pescados Rubén

Burela, 2 de xullo, 2021. O italobrasileiro Daniel Giasson non continuará en Burela, tras a finalización do seu contrato o pasado 30 de xuño.

O peche chegou ao Pescados Rubén Burela FS en 2020-21 procedente do Córdoba Patrimonio de la Humanidad. Aínda que os problemas musculares non lle permitiron participar no tramo inicial de liga tanto como lle gustaría, o 13 laranxa completou a tempada a un gran nivel sendo parte importante na consecución da permanencia.

A Familia Laranxa agradece a túa gran profesionalidade e implicación dentro e fóra da pista. Dani, desexámosche o mellor. Moita sorte!

Exit mobile version