Site icon Crónica3.com A Mariña

Lucho seguirá sendo laranxa outro ano

Burela, 15 de xullo, 2021. O peche Lucho seguirá sendo laranxa ata 2023. O xogador do Corgo Luis López García tamén se suma ao Pescados Rubén Burela FS para asumir a súa cuarta tempada na Mariña.

“Para min é un privilexio seguir en Burela, sobre todo facendo o que me máis me gusta. Estou moi agradecido ao club pola confianza que leva demostrando en min dende hai tres anos” confesaba o 4 mariñán. Despois de que unhas molestias na zona inguinopélvica lle impediran participar nos últimos compromisos, agora Lucho amósase ilusionado coa nova tempada: “Pouco a pouco vou mellorando e agardo empezar con normalidade a pretempada. Espero que deamos todos un paso adiante, co reforzo das incorporacións, que sexamos un equipo moi competitivo e ambicioso” adiantaba o peche dun bloque que liderará Alberto Riquer, para achegar “experiencia, competitividade e lectura do xogo” segundo o 4 laranxa.

O 9 de outubro a nova tempada estreará a liga regular. “A afección de Vista Alegre é sempre o xogador número 6, confío moitísimo na súa forza. A tempada pasada o seu apoio fíxose notar, e moito, nos partidos aos que puideron acceder; axudáronnos moitísimo a sacar adiante encontros e puntos. Esperamos poder brindarlles unha tempada ilusionante con este novo proxecto”, explicaba o lugués.

Lucho convértese na segunda renovación tras a de Iago Míguez, nun bloque con denominación de orixe galega que tamén conta con Quintela, David Pazos, Renato e Nito, ademais de chegada do fonsagradino Isma e do brasileiro Wanderson.

Exit mobile version