En concreto, actuouse nun tramo de case 2,5 quilómetros que se corresponde co camiño que discorre desde o cruce da Casa da Administración ata o cruce da Ponte do Rego.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da Tenente Alcalde, e da edil de Obras, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, supervisaron a actuación e mantiveron un encontro co pedáneo de Sargadelos, José Luis Peña, e con veciños da contorna, para trasladarlles o alcance do proxecto financiado pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2020-2021, e que supón inicialmente un investimento de preto de 40.000 euros -39.091,31 euros concretamente-.
Villares explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme do camiño sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais coa execución de canles, cunetas ou medios canos ao longo de todo o seu trazado.
Así mesmo –engadiu- tamén se realizou a limpeza dos pasos salva cuneta e a reposición dos que se atopaban deteriorados e colocouse a sinalización vertical necesaria para mellorar a seguridade viaria do camiño.
O rexedor fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.
Esta actuación completarase con outras obras que xa temos tamén contempladas e que abarcarán o conxunto da parroquia de Sargadelos.
Así mesmo, tamén está previsto acometer unha mellora da rede de saneamento de auga.