Site icon Crónica3.com A Mariña

Música de cámara este venres en Lourenzá

A Praza do Conde Santo acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara incluído no festival itinerante Peregrinos Musicales, que organiza a asociación do mesmo nome con sede en Compostela coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A actuación correrá a cargo do grupo de música de cámara Esemble Rubens Consort, que interpretará obras de Haydn, Bach, Ravel e Fauré. A entrada é libre e gratuíta.

Exit mobile version