Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e sendeirismo nocturno esta semana no Vicedo

Comeza unha nova semana con actividades, nesta ocasión concentradas no mércores 14 de xullo. Ás 20h música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo “Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita”. Un espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito. E ás 22:30h a ruta nocturna que parte da zona da Ponte sobre o Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 €. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org.

Exit mobile version