Site icon Crónica3.com A Mariña

O brasileiro Wanderson, segundo reforzo do Pescados Rubén

Burela, 9 de xullo, 2021. Seguimos con novidades nas filas masculinas. O peche Wanderson Carlos Alves da Silva ( Recife, 1991) súmase ao Pescados Rubén Burela FS como segundo reforzo do bloque que dirixirá Alberto Riquer en 2021-22.

O brasileiro chega ao conxunto mariñán tras a incursión na liga española a tempada pasada con Osasuna Magna, con 32 partidos disputados e 8 goles. Wanderson conta cun amplo percorrido no futsal do seu país, con Santa Cruz, Náutico, Foz Cataratas, Siqueira Campos, Gremio Recreativo, Asec, Tamandaré Futsal e Lagarto Futsal, ademais de experiencia internacional con Ayat Futsal de Casaquistán. Agora recala no Pescados Rubén para reafirmar a parcela defensiva, con contundencia física e gran disparo, xunto á incorporación do galego Isma, procedente do Parrulo FS.

Exit mobile version