Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cine Ribadeo reabre este venres

Ribadeo, 12 de xullo de 2021. As dúas salas de Cinema Ribadeo reabrirán este venres, día 16, despois de estar pechadas desde o 13 de marzo de 2020 debido á pandemia de coronavirus.

Para esta reapertura Cinema Ribadeo inclúe varias novidades: as entradas serán numeradas, poderanse comprar por internet a través da súa páxina web (cineribadeo.com), haberá separación entre os diferentes grupos de persoas que asistan e cambian os horarios nunha das salas para que non sexan os mesmos nas dúas e dese xeito evitar aglomeracións na entrada antes e despois das proxeccións. Así na sala 1 manteranse os horarios que había anteriormente (18:00, 20:30 e 23:00), mentres que na sala 2 as sesións serán media hora antes (17:30, 20:00 e 22:30).

Cinema Ribadeo reabrirá coa proxección de tres películas estreadas recentemente e que están agora na carteleira dos principais cinemas españois: Viuda Negra, ¡A todo tren! Destino Asturias e Expediente Warren: Obligado por el demonio.

O responsable da empresa propietaria de Cinema Ribadeo, José Miguel Gallego, destaca que “se cumplirán todas las medidas sanitarias que exige la normativa actual contra el Covid por lo que los espectadores pueden acudir con confianza”.

Exit mobile version