Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo prepara con Aqualia a conexión e o remate do saneamento de Sasdónigas

Mondoñedo, 4 de xullo de 2021. O alcalde e a tenente de alcalde, Manuel Otero e Elena Candia, respectivamente, mantiveron unha reunión de traballo con representantes de Aqualia para avanzar na que será a última fase do proxecto de saneamento da parroquia de Sasdónigas. Concretamente, as iniciativas proxectadas inclúen a conexión e o saneamento na última fase en Sasdónigas, estando en funcionamento Lousada xa dende o ano pasado.

“É un proxecto complexo”, sinalan os dirixentes locais, que, “pouco a pouco, e despois de moitas dificultades e con varias xuntanzas, imos concluíndo e, sobre todo, que é o que máis nos importa, solucionando os problemas e dando solucións”.

Dende o Concello destacan a importancia de rematar un proxecto que tivo moitas dificultades. O goberno local destaca a colaboración entre administracións e a dispoñibilidade dos veciños en construír servizos e mellorar o rural. De feito, varios barrios de Sasdónigas tiveron reposición de firmes con aglomerados e, concretamente en Lousada, a reposición de formigón que mellorou substancialmente os contornos da parroquia.

Con Elena Candia como alcaldesa e, agora con Otero como rexedor, o esforzo realizado neste senso continúa. Así, as actuacións que se levarán a cabo permiten concluír a segunda fase do proxecto de saneamento das parroquias citadas.

Novo bispo Mondoñedo-Ferrol
Coñecida a noticia da nova designación de Fernando García Cadiñanos como novo bispo da diócese Mondoñedo- Ferrol, dende o Concello xa lle deron a benvida ao novo representante episcopal, agardándolle moitos éxitos no seu día a día. Neste senso, o goberno local ponse a disposición do que ata o de agora fora vicario xeral da diócese de Burgos “para establecer pontes” que redunden no impulso e proxección da cidade, “pois temos un gran legado patrimonio-artístico-relixioso que queremos seguir poñendo en valor”.

Exit mobile version