Site icon Crónica3.com A Mariña

O fonsagradino Isma, primeira fichaxe do Pescados Rubén

Burela, 1 de xullo, 2021. O fonsagradino Ismael Samartino Obarrio estrea o mercado burelista para a próxima tempada. Despois de sete exercicios na estrutura do Parrulo FS, o peche súmase ao proxecto do Pescados Rubén Burela FS, liderado por Alberto Riquer en 2021-22.

Capacidade e contundencia defensiva, ademais de regularidade, avalan a ampla experiencia de Isma na elite aos seus 29 anos. Tras os seus inicios en Mera FS e Ribeira FS, medrou no club ferrolán, co que conseguiu o ascenso a Primeira División en 2016-17, ademais de 2 Copa Galicia.

A nova cara do Pescados Rubén, con contrato ata 2024, poñerase ás ordes de Alberto Riquer na volta do técnico aos bancos españois, co 9 de outubro como inicio de liga, cun bloque no que continúan con contrato en vigor grandes referencias como Quintela ou David Pazos, a revolución de Renato ou a proxección de Nito e que seguirá apostando por xente da casa e xogadores galegos.

Exit mobile version