Respecto as mostraxes de DQO foron 19 EDARs as que rexistraron Non conformidades sendo a parte da estación de Os Praceres, as de Muxia con 10 e Río Lea (Castro de Rei) tamén con 10 as máis incumpridoras. De entre a 10 depuradoras con límites para nutrientes, a de Sarria que tamén está infradimensionada, incumpriu por exceso de Nitróxeno.
Con todo, sinalan, o caso máis problemático é a EDAR de Placeres, que trata as augas de Pontevedra, que só en 2020 tivo 22 incumprimentos de DBO5, 15 de DQO así como niveis medios de Nt e Pt moi por encima do límite : 22 mg/l e 3,07 mg/l cando o máximo estipulado neste caso é 10 e 1 mg/L respectivamente.
Comparando coas análises de 2019, a situación era similar en Placeres e Sarria. Outras 14 depuradoras sobrepasaron o número de análises non conformes, destacando Rianxo, Burela, Foz e Cee-Corcubión. No caso de Rianxo a depuradora tamén é moito menor do necesario (posiblemente pola carga contaminante xerada nas conserveiras) cunha capacidade de só 9 000 Heq fronte os 20.000 necesarios.
Desde Ecoloxistas en Acción lembran que a maioría das EDARs deficientes arrastran un longo histórico de non conformidades sen que as administracións competentes local e autonómica leven a cabo as actuacións necesarias para remediarlo. A EDAR de Placeres é a máis problemática de todo o territorio Galego, xa que combina incumprimentos constantes cun gran volume de auga a tratar. Inda que nón é a fonte do problema, debe salientarse as consideración da Ría de Pontevedra como zona sensible (a diferencia das outras rías baixas) é un pouco arbitraria.
Por outra parte, denuncian que aínda que carécese de datos estadísticos das verteduras por aliviaderos, é necesario mencionar esta importante fonte de contaminación sistémica. En Galicia a inmensa maioría dos colectores de augas de refugallo carecen de separativa de pluviais, esta situación provoca que as chuvias intensas colapsen o sistema de saneamento das vilas e os rebosaderos alivien ao mar, río ou ecosistema no que vertan. Outra fonte de desbordamento do sistema de saneamento das vilas e que provoca ano tras ano graves verteduras é a presión demográfica pola afluencia descontrolada de turismo. Así as zonas aledañas aos aliviaderos presentan elevados niveis de contaminación e eutrofización.
Débese considerar que non só as ARU son as que xeran afección. A contaminación difusa procedente de producións agrícolas litorais, achega por acuíferos contaminados por nutrientes, contaminación por leitos fluviais con contaminación orgánica, achegas industriais ou a contaminación por instalacións de acuicultura, acaban incorporando materia orgánica e/ou nutrientes ao mar.
“O estado español ten un triste historial de sancións por parte de Unión Europea por incumprir os requerimentos de depuración de augas residuais e aínda que se deron pasos para subsanar as verteduras, pero estamos moi lonxe de cumprir globalmente a normativa europea e deixar de contaminar o medio ambiente”- resalta Raúl Cerviño voceiro de Ecoloxistas en Acción e redactor do informe.