Site icon Crónica3.com A Mariña

Os roteiros de “Lugo é Artesanía” arrancaron este sábado en Mondoñedo, con todas as prazas cubertas

Lugo, 10 de xullo de 2021. O Centro de Artesanía e Deseño iniciou este sábado en Mondoñedo o programa “Lugo é Artesanía”, unha iniciativa de promoción dos obradoiros e produtos artesáns que levará a cabo durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Neste primeira Xornada Viaxeira, na que se completaron Tas 20 prazas ofertadas, as persoas participantes visitaron ao escenógrafo e titiriteiro Ton Arenas, ao canteiro Fernando Vilariño e os talleres de cerámica Esquina Atlántica e de serigrafía artística Estudio Estampa, no barrio dos Muiños.

O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, destacou a “boa acollida da iniciativa tanto por parte das persoas visitantes como dos obradoiros que entenden que estes roteiros son unha boa ferramenta para dar a coñecer os seus produtos e a tradición artesá en cada comarca”. Ademais de afondar no traballo que se desenvolve nos obradoiros, os visitantes, guiados por Guido Álvarez, percorreron Mondoñedo e a súa contorna para coñecer os elementos culturais e naturais vinculados aos distintos oficios artesás.

A vindeira parada do programa “Lugo e Artesanía” será mañá, domingo, en Sober, cunha visita á Reitoral de Gundivós, para a que tamén se completaron as 15 prazas dispoñibles.

Visitas a unha vintena de obradoiros entre xullo e setembro

Ata o vindeiro mes de setembro, o Centrad realizará 15 roteiros, con visitas a unha vintena de obradoiros nas distintas comarcas, sentando as bases para a creación dunha rede de talleres visitables, que contribúa a mellorar as condicións económicas e de competitividade da artesanía e sirva tamén de base para ampliar o recoñecemento da artesanía en Galiza e fóra.

As visitas guiadas ofrécense en dous formatos, baixo o epígrafe, Xornadas Viaxeiras, no que as persoas asistentes se achegarán, nun mesmo día, a diferentes obradoiros dentro de cada comarca para afondar na relación que cada oficio garda coas características físicas do territorio no que se ubica e tamén no seu patrimonio cultural e etnográfico; e Experimenta Artesanía, no que se propón profundizar nas técnicas e nos proxectos profesionais e vitais de cada artesán ou artesá.

Programación e inscricións

As persoas interesadas en participar nas vindeiras visitas deben inscribirse previamente a través do enderezo electrónico info.centrad@deputacionlugo.org ou no teléfono 982210066. As solicitudes atenderanse por orde de inscrición ata completar a capacidade. As actividades realízanse en grupos reducidos, cun número de prazas establecido en función do espazo do que dispón cada obradoiro e a observación significativa da actividade que se desenvolve neles.

XORNADAS VIAXEIRAS

2.- XORNADA SUR (Ribeira Sacra e Sarria), 17 de xullo
Na segunda das xornadas coñeceremos a olería da Reitoral de Gundivós e do Obradoiro Fígulus, visitaremos unha barreira e un forno comunitario e xantaremos de pícnic nun dos marabillosos miradoiros da Ribeira Sacra para continuar camiño cara ao obradoiro do luthier Germán Arias en Sarria.
Máximo 15 persoas

3.- XORNADA TERRA CHÁ (Outeiro de Rei e Xermade), 21 de agosto
Na terceira xornada viaxeira visitaremos terras chairegas para coñecer o traballo artesán de Idoia Cuesta e Xaneco. Xantaremos de pícnic en Penas de Rodas e, pola tarde, visitaremos o torneiro Vicente Ledo na aldea artesá da Fraga.
Máximo 15 persoas

4.- XORNADA LUGO, 11 setembro
A cuarta xornada viaxeira será, integramente, a pé, faremos visitas culturais á cidade de Lugo e coñeceremos de preto o traballo de construción de gaitas de Lis, o deseño en cerámica de Mi madre no me deja e a marroquinería de Querqur Leathercraft.
Máximo 15 persoas

5.- XORNADA LUGO, 12 de setembro
Na quinta xornada viaxeira continuaremos a pé con visitas culturais á cidade de Lugo, de camiño aos obradoiros de cerámica, gravado e cartón pedra de Ceniza de Papel, Augatinta e Marga Portomeñe.
Máximo 15 persoas

6.- XORNADA MARIÑA, 18 de setembro
A sexta xornada visitaremos a obra do artista e ceramista Caxigueiro, no Espazo Caritel en Foz, percorreremos a Península da Paz, San Cibrao, onde visitaremos o carpinteiro de ribeira, Francisco Fra, para dirixírmonos ao monte de San Roque onde xantaremos de pícnic. Para finalizar a xornada, visitaremos o complexo Regal Xunqueira e coñeceremos, de preto, o traballo de Alfonso Otero Regal.
Máximo 15 persoas

7.- XORNADA RIOTORTO, 25 de setembro
Na sétima e última xornada coñeceremos o traballo dos ferreiros de Riotorto, a extraordinaria paisaxe que os acolle e a arquitectura etnográfica do seu oficio.
Máximo 15 persoas

EXPERIMENTA ARTESANÍA. Turismo Artesanal Activo

2.- ARTE E CERÁMICA, 18 de xullo
Regal Xunqueira, Viveiro
Máximo 22 persoas
Horario de 10.00 h a 14.00 h

3.- OLARÍA TRADICIONAL DA RIBEIRA SACRA, 1 de agosto
Obradoiro Fígulus, Proendos, Sober
Máximo 15 persoas
Horario de 10.00 h a 20.00 h

4.- MAIS QUE BARRO, 8 de agosto
Obradoiro Ceniza de Papel, Lugo
Máximo 8 persoas
Horario de 11.00 h a 18.00 h

5.- O TORNEADO: UN OFICIO SECULAR, 22 de agosto
Aldea artesá da Fraga, Lugar de Cazás, Xermade
Máximo 3 persoas
Horario de 10.00 h a 18.00 h

6.- O MUNDO DOS BARCOS DE MADEIRA: DESEÑO E TRAZADO, 29 de agosto Estaleiros Fra, San Cibrao Lugo Máximo 6 persoas
Horario de 10.00 h a 18.00 h

7.- AO REDOR DA MÁSCARA ROMANA, 5 de setembro
Obradoiro Marga Portomeñe, Lugo
Máximo 12 persoas
Horario de 10.00 h a 19.00 h

8.- TECENDO A NATUREZA, 19 setembro
Obradoiro Idoia Cuesta, Outeiro de Rei
Máximo 8 persoas
Horario de 10.00 h a 18.00 h

Exit mobile version