Así o dixo tralo anuncio feito polo Alcalde, no que avanzou que o Concello de destinará arredor de 1,5 millóns de euros das arcas municipais para crear unha nova residencia para maiores no municipio, que contará con 54 prazas. “Nesta mesmas datas tamén anunciou que previsiblemente se celebraría un pleno para iniciar os trámites. Pero comprobamos unha vez máis que os días pasan e o pleno non está convocado”, criticou.
“Por iso queremos anunciar que dende a Agrupación Socialista de Abadín estaremos vixiantes e seguiremos traballando e presentado iniciativas e empurrando para que se cumpra este proxecto. Ademais, queremos lembrar que no pleno de novembro de 2020 defendemos unha iniciativa demandando a construción desta residencia, pero lamentabelmente foi rexeitada polo PP alegando que era totalmente inviable. Pero a realidade é teimuda e coa axuda da presión veciñal agora o Alcalde recua, e anuncia que vai iniciar este proxecto”, insistiu o Voceiro.