Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedro Rubal, fillo predilecto de Alfoz cumprirá 90 anos este mércores

Alfoz, 11 de xullo, 2021. Este mércores, 14 de xullo, cumpre 90 anos o profesor e escritor Pedro Rubal Pardeiro, Fillo predilecto do Concello de Alfoz, onde naceu o 14 de xullo de 1931.

A Alcaldía e Concello de Alfoz queren facer pública a súa satisfacción por esta efeméride, e congratularse de que siga entregado ao estudio e divulgación do seu saber, tanto en libros como a través dos seus luminosos artigos en GaliciaDigital.

Será no vindeiro mes de setembro cando no Concello agardan se poida presentar o seu libro Fuxindo da saúdade, que recolle os artigos publicados nos últimos anos, así como tamén a web homenaxe coa que o Concello de Alfoz quere poñer de manifesto a personalidade e a obra deste senlleiro veciño.

Exit mobile version