Site icon Crónica3.com A Mariña

Sanidade realizará un cribado entre a poboación de 18 a 30 anos de Viveiro, Foz e Ribadeo

Lugo, 21 de xullo de 2021.- A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte levará a cabo nos próximos días un cribado poboacional entre as persoas de 18 a 30 anos dos concellos de Viveiro, Foz e Ribadeo. A convocatoria a estes cribados farase a través dun SMS.

Ao cribado de Foz están convocadas 830 persoas o venres, en horario de mañá, no pavillón do colexio número 1 deste concello. En Ribadeo os citados son 834 persoas en horario de tarde, tamén o venres, no pavillón da Avenida de Luarca. Os chamados ao cribado de Viveiro, o sábado en horario de mañá e tarde no pavillón municipal, son un total de 1.700 persoas.

A Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, fai un chamamento á mocidade destes concellos, convidándoa a participar neste cribado, pois a realización de probas diagnósticas permite conter a expansión do virus e, ademais, velar tanto pola nosa saúde, como pola dos nosos achegados.

A Dirección Xeral de Saúde Publica, xuntos coas Xefaturas Territoriais de Sanidade e as diferentes áreas sanitarias do sistema público galego continúan a traballar de forma colaborativa na organización de diferentes cribados poboacionais, coa intención de detectar posibles casos asintomáticos, ademais de previr da aparición de posibles novos gromos.

Exit mobile version