Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de Historia Local en Alfoz

Alfoz, 2 de xullo, 2021. O vincdeiro luns, 5 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para Xornada de Historia Local de Alfoz que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro o 17 de xullo, día no que se celebraría o tradicional Mercado Medieval que, por motivos obvios non terá lugar no seu formato habitual pero sí con diversas actividades:

1.Exposición de Traxes Medievais: do 13 ao 25 de xullo.
2.Xornada de Historia Local (aforo limitado, máximo 20 persoas). Pola mañá haberá un ciclo de conferencias e pola tarde unha visita guiada ao Pazo de Carrocide.
3.Concerto do Grupo Tundal, música tradicional galega, ás 22:00h no exterior do Castelo.

Exit mobile version