Site icon Crónica3.com A Mariña

Xs asistentes ao Ludiverán Alfoz participaron nun obradoiro de Alimentación e hábitos de vida saudables

Alfoz, 14 de xullo, 2021. Xs asistentes ao Ludiverán Alfoz participaron nun obradoiro de Alimentación e hábitos de vida saudables impartido pola Catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da USC Ángeles Romero Rodríguez e organizado en colaboración coa Escola Galega de SaúdeDurante o mesmo prestouse especial atención á promoción da alimentación saudable, á importancia de realizar eleccións saudables relativas ao consumo de alimentos e á realización de actividade física, de cara a potenciar un estilo de vida saudable.

Tamén aprenderon a identificar os diferentes tipos de alimentos e a súa procedencia, así como as recomendacións sobre a frecuencia do seu consumo.

Foi un obradoiro que lles resultou moi interesante á vez que moi sorprendente, especialmente cando descubriron a cantidade de azucre que teñen os alimentos procesados e ultraprocesados sobre os cales se debe limitar o consumo, aprendendo a optar por eleccións máis saudables que permitan reducir a prevalencia do sobrepeso e obesidade que se comeza a detectar entre a a poboación infantil.

Exit mobile version