Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta engalana tramos do Camiño de Santiago en Ribadeo, Lourenzá e Mondoñedo, entre outras, para dar a benvida aos peregrinos

Lugo, 3 de agosto de 2021. A Xunta ven de por en marcha o proxecto Xacobeo Benvida a través de Turismo de Galicia, que acentúa o bo acollemento aos peregrinos ao tempo que axuda a sensibilizar ás poboacións de vilas e cidades galegas das rutas xacobeas da súa pertenza aos Camiños de Santiago.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que na provincia de Lugo engalanáronse 13 tramos noutros tantos cascos históricos atravesados polas rutas. Así., no Camiño Francés colocáronse bandeirolas decoradas con motivos xacobeos no Cebreiro, en Triacastela, Samos, Sarria e Portomarín. No do Norte, en Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo e Vilalba. No Camiño Primitivo en Lugo e A Fonsagrada, e no de Inverno en Monforte de Lemos e Chantada.

Arias visitou algúns destes puntos acompañado, entre outros, polo presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo, Ángel Trabada, e subliñou que esta iniciativa axuda a implicar á veciñanza na celebración deste Ano Santo excepcional.

En todo o territorio galego instálanse máis de 200 bandeirolas nas nove rutas terrestres, coas que se busca facer máis visible a celebración do Ano Santo e do Xacobeo; permanecerán penduradas ata o 30 de outubro, lembrando o vencello destes concellos coas Rutas Xacobeas.

Exit mobile version