Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación da charanga femenina Brassica Rapa no Vicedo este venres

A charanga femenina Brassica Rapa actuará nas rúas e locais hosteleiros do núcleo do Vicedo o venres 13 de agosto a partir das 21h. Trátase dunha das actuacións correspondentes ao programa da Xunta “Cultura no Camiño”, cofinanciada pola Xunta e os Concellos, e que traerá a alegría musical destas compoñentes da charanga polas rúas do Vicedo.

Exit mobile version