Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación do grupo “Acordeireta” este domingo ás 21:30h no Vicedo

O Vicedo, 21 de agosto, 2021. Este domingo terá lugar o concerto do grupo “Acordeireta” que estaba previsto para o pasado xoves e que foi aprazado para o domingo 22. Será ás 21:30h no exterior da Casa da Cultura, a entrada é gratuita e colocaranse sillas para o público asistente. Entrada gratuita e eso si, será necesario deixar os datos persoais ao entrar para levar un rexistro obrigatorio por mor da crise da COVID-19.

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega.

Exit mobile version