Site icon Crónica3.com A Mariña

Bea Mateos asina a renovación e completará o seu noveno ano na Mariña

Burela, 30 de agosto, 2021. A salmantina Bea Mateos Galache formalizou a renovación da que se converterá na súa novena campaña no Pescados Rubén Burela FS. A ala-peche incorporarase á dinámica de pretempada, baixo a batuta de Lucas, xa mañá.

A Mariña e o fútbol sala continuarán tendo un espazo privilexiado nos plans de futuro da 14 laranxa. “Foi un verán algo movido e difícil, pero nos meus plans deportivos sempre estivo o Burela e estiven en contacto co club estes meses ata por fin facer oficial a miña renovación” explicaba a experimentada xogadora sen agochar as súas ganas de “seguir facendo historia, seguir conquistando títulos e seguir facendo gozar á nosa afección”.

Bea Mateos volverá compartir vestiario con Ale de Paz, Leti, Jenny, Cilene, Cami, Dany, Elena Aragón, Sandra Buzón, Jozi e a capitá Peque, coas incorporacións de Irene Samper, Elenita e Emilly Marcondes. “Paréceme un cadro que máis completo non pode ser; creo que as fichaxes son dunha altísima calidade e espero que se adapten rápido e poder gozar todas xuntas” valoraba así Bea o gran proxecto das campioas.

Exit mobile version