Site icon Crónica3.com A Mariña

Cine na rúa este domingo en Vilamar con“EROSKI Paraíso”

Barreiros, a 27 de agosto de 2021. O Concello de Barreiros ten programado para este sábado unha sesión de cine na rúa onde se proxectará a película “EROSKI Paraíso”, unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros, un pequeño pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, repetiuse en infinidade de lugares de toda España, onde os cines, salas de festas e outros espazos de socialización fóronse transformando en espazos de consumo. Unha metáfora viva da transformación social ocorrida nos últimos 35 anos.
Esta actividade enmárcase dentro do programa “Barreiros ConVídate” que as concellerías de dinamización e igualdade do Concello de Barreiros levan desenvolvendo por diferentes parroquias do municipio nos meses de xullo a agosto.

A proxección terá lugar este sábado 28 de agosto no campo da festa da Vilamar ás 22:00 horas con entrada gratuíta ata completar aforo por orde de chegada.

Exit mobile version