Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a pretempada do PRBFS

Burela, 23 de agosto, 2021. O Pescados Rubén Burela FS de Alberto Riquer estreou hoxe a pretempada. O novo proxecto laranxa 2021-22 terá por diante 7 semanas, con 6 amigables no horizonte, para chegar nas mellores condicións ao inicio de liga de Primeira Masculina, previsto para o 9 de outubro, coa visita a Vista Alegre de Fútbol Emotion Zaragoza.

O primeiro test sobre a pista será xa este sábado, fronte ao asturiano Rodiles FS Sport, no Memorial Pablo Cortina-Jose Huerta de Villaviciosa. A axenda do mes de setembro abrirase en Lugo ante o Ribeira FS; tras o derbi mariñán co Xove FS (8 de setembro) en Vista Alegre e o enfrontamento co Esteo FS (11 de setembro), o Pescados Rubén pechará os amigables con Osasuna Magna (30 de setembro) e Aspil Jumpers Ribera Navarra (2 de outubro).

Riquer disporá de 17 xogadores neste período de preparación. Xunto ás Xoias Laranxas Iago Míguez, Renato, Pitero, Nito, Bruno e Renatinho, contará cos tamén galegos Edu, Lucho, Quintela, David Pazos, Álex Diz, Isma e Porto, co internacional polaco M. Kaluza e a chegada dos brasileiros Wanderson, Rikelme e Levi. No apartado técnico-médico, o novo adestrador mariñán estará arroupado por un bloque que leva anos traballando na estrutura laranxa: o preparador físico Alfonso Mera, o fisioterapeuta Tulio García, o adestrador de portería Míchel Couceiro, o delegado Casiano Engroba, os auxiliares Anselmo Otero e Luis A. Guillén, o coordinador de loxística Antonio Ródenas, o xefe médico Javier Couce, o podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina P. Rodil.

Exit mobile version