Site icon Crónica3.com A Mariña

Comicamente fai parada esta semana en Mondoñedo

A Coruña, 17 de agosto. Os mellores cómicos e cómicas do país percorren Galicia este verán nesta iniciativa impulsada por Ainé Producións, Condetrespés e Etiqueta Negra, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia no marco dos eventos para promocionar o Xacobeo 21-22. Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, Lucía Veiga, David Amor, Ledicia Sola, David Perdomo, Carmen Méndez, Celso Sanmartín, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Pepo Suevos e Marta Doviro son os protagonistas destas noites de humor.

Este venres, 20 de agosto Xosé A. Touriñán, Celso Sanmartín e Ledicia Sola estarán na alameda dos Remedios, en Mondoñedo. A partir das 21:30 horas terá lugar unha gran noite de humor para a que aínda quedan entradas dispoñibles.

O domingo 22, o espectáculo chega a Ferrol. Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, David Amor e Lucía Veiga levarán o bo humor a unha Praza de Armas en plenas festas. A DJ compostelana Russinha porá a música a esta noite de comedia que comezará a partir das 21:30 horas.

As entradas para Mondoñedo, Ferrol e o resto de paradas da xira están dispoñibles en comicamente.gal e na web de Ataquilla.

Os espectáculos de Comicamente teñen lugar en recintos ao aire libre en distintas vilas e cidades galegas respectando as medidas sanitarias vixentes. Toda información sobre as datas, localizacións e venda de entradas atópase en comicamente.gal e nas redes sociais de Comicamente.

Exit mobile version