Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas persoas foron trasladadas ao sufrir un accidente de tráfico en Lourenzá

Lourenzá, 18 de agosto, 2021. Os servizos sanitarios trasladaron, esta tarde, a dúas persoas que sufriran un accidente no lugar da Cazolga, no concello lucense de Lourenzá.

Pasadas as tres e media, un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para advertir dunha colisión entre dous vehículos nese punto.

Así, de xeito inmediato, dende o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.

Unha vez chegados os medios ao lugar, os Bombeiros confirmaron que as dúas persoas implicadas ían ser trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Exit mobile version