Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres terá lugar finalmente a observación astronómica programada en Ribadeo

Ribadeo, 19 de agosto de 2021. Para o pasado 13 de agosto estaba prevista unha observación astronómica en Ribadeo, que debido á mala previsión meteorolóxica para aquela noite quedou aprazada para o 25 de agosto. Desde a Concellaría de Medio Ambiente sinalan que “os pronósticos que manexamos para esa noite non son bos e entón decidiamos adiantar esta actividade para a xornada de mañá, venres”.

Haberá, tal e como estaba previsto inicialmente, unha charla ás 21:30 horas no Teatro e a posterior observación astronómica na Praza de España. Desde Medio Ambiente engaden que “si alguén mais se quere anotar aínda está tempo porque hai algún oco libre”. Deben facelo na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701).

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.

Exit mobile version