Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Experiencias en Ribadeo’, unha web para atopar os mellores plans nun só lugar

Ribadeo, 2 de agosto, 2021. A axencia de publicidade ribadense Donapubli presenta Experiencias en Ribadeo, unha web onde poderás atopar os mellores plans nun só lugar.

Neste portal todo o mundo atopará a experiencia perfecta en Ribadeo e proximidades, xa sexa en grupo, en familia con nenos ou en parella.

Aquí tes todo o que necesitas saber para realizar unha actividade; proporciona información, a media de prezos, datos de contacto da empresa a cargo da actividade e a dispoñibilidade da mesma. Ademais o usuario será redirixido á páxina web principal da empresa ou ás súas redes sociais para que poida continuar informándose ou realizar unha reserva e gozar de todas as actividades dispoñibles en Ribadeo.

O proxecto tamén contará con presenza en redes sociais, onde se fará publicidade das actividades que aparecerán na páxina web principal e así dar a coñecer a ampla oferta de actividades que ten Ribadeo.

Exit mobile version