Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG cualifica de “intolerable” que tras un ano de pandemia o PP continue sen presentar medidas para reforzar o sistema sanitario

Santiago de Compostela, 6 de agosto, 2021. A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iría Carreira cualifica de “intolerable” que, tras un ano de pandemia no que se evidenciou a necesidade de contar cun sistema sanitario e con recursos, teñamos unha Atención primaria “afogada pola falta de persoal”, situación que a xuízo da nacionalista está a provocar graves consecuencias para as pacientes, polo “deterioro da calidade asistencial” e o empeoramento das condición laborais das traballadoras derivado da sobrecarga de traballo.

O BNG súmase as denuncias das traballadoras da sanidade ante a carga asistencial que deben soportar, denuncias, explica a deputada nacionalista que mesmo foron presentadas ante o SERGAS e o Colexio de Médicos de Pontevedra.

Para a nacionalista, resulta “indecente” que o Partido popular “non presente propostas para reverter unha situación que o propio PP xerou, tras unha década de continuos recortes nos servizos públicos”.

O BNG exixe melloras para a Atención primaria e pide ao goberno que escoite as denuncias e reivindicacións do persoal da sanidade pública

Exit mobile version