Mario Santa Cruz Hernando estudou o Grado en Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía, na Universidade Politécnica de Madrid.
Segundo o autor explica no propio resumo do proxecto, este consiste no trazado e cálculo dunha liña eléctrica aérea de 45 kV con capacidade para suministrar 15 MVA e dar servizo a unha empresa de elaboración de peixe e produtos de pesca. A liña discorrre dende a subestación de Magazos, propiedade de Viesgo, ata o Polígono Industrial de Landrove.
No proxecto descríbense todos os aspectos necesarios para a construción da liña, os cruzamentos, a relación dos apoios, os cálculos eléctricos da liña aérea, o cálculo mecánico dos condutores, os apoios, as cadeas illadoras e o cálculo das cimentacions. Inclúese tamén o estado económico co presuposto necesario para a realización do proxecto, un cronograma, un prego de condicións tipo para a súa execución e un documento con anexos.
Hoxe, María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, recibiu a Mario na Casa do Concello, quen lle fixo entrega do exemplar que doa ao municipio.
Mario Santa Cruz Hernando ten vínculos familiares con Viveiro, a onde adoita vir dende pequeno. O exemplar doado será depositado na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.