Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove faise coa propiedade das ruínas da ermida de San Tirso de Portocelo

Xove, 25 de agosto de 2021. Despois de manifestar o Concello de Xove o desexo de conseguir a propiedade das ruínas da capela de San Tirso de Portocelo e do terreo no que se atopan, e solicitalo formalmente á propietaria: a Diócese de Mondoñedo-Ferrol, esta tivo a ben doarlla ao Municipio.

Esta consecución significa que a área de San Tirso de Portocelo pasa a ser propiedade do Concello de Xove na súa totalidade, conferíndolle capacidade ao Municipio para deseñar un Proxecto de Restauración e, sobre todo, Conservación e Protección dunhas Ruínas de extraordinario valor histórico. Así mesmo, permite encarar unha segunda fase máis completa da Intervención Arqueolóxica na zona de San Tirso de Portocelo iniciada no ano 2020, na que se acadou un rotundo éxito de resultados.

Exit mobile version